Os medios de extinción traballan nun incendio activo en Vilaboa

Incendio en Vilaboa. (Foto: Nós Diario)
No punto traballan catro axentes, oito brigadas, cinco motobombas, dous técnicos, catro avións e catro helicópteros.

A Consellaría do Medio Rural informou de que está activo un incendio no municipio de Vilaboa (comarca de Pontevedra). O lume orixinouse minutos despois das 17.30 horas desta cuarta feira e, segundo as primeiras estimacións, xa calcinou 7.000 metros cadrados.

No punto traballan catro axentes, oito brigadas, cinco motobombas, dous técnicos, catro avións e catro helicópteros. O fogo inicouse relativamente perto de edificios residenciais, o que supón unha preocupación para os equipos que traballan para extinguir o lume.