Cando menos 9 mortos, dous deles galegos, 4 desaparecidos e 14 rescatados no naufraxio do ‘Argos Georgia’ nas Malvinas

Localización do naufraxio (Europa Press)

Entre os sobreviventes atópanse o capitán, o primeiro oficial e o xefe de máquinas, todos eles de Ribeira. Os galegos deasaparecidos son de Ribeira e Noia.

A bordo do palangreiro ían 8 galegos. 

Oito tripulantes do buque 'Argos Georgia', palangreiro naufragado nas proximidades das illas Malvinas, faleceron; mentres cinco permanecen desaparecidos e un total de 14 foron rescatados con vida, segundo informou a Delegación do Goberno na Galiza con base nas informacións recibidas das autoridades marítimas de Malvinas.

As citadas fontes indican que, dos 10 españois que viaxaban na tripulación (oito galegos), atópanse seis sobreviventes; dous galegos faleceron --das localidades de Vigo e Baiona-- e outros dous están desaparecidos -un tamén galego de Ribeira. A tripulación do barco estaba composta por un total de 27 membros.

Conforme precisaron fontes consultadas por Europa Press, un dos falecidos é o patrón de pesca, natural da parroquia viguesa de Valadares. Ademais, outro dos tripulantes que perdeu a vida é o cociñeiro, natural do Concello de Baiona.

Entre os sobreviventes atópanse o capitán (José Saborido), o primeiro oficial (Ramón Hombre) e o xefe de máquinas (Ramón García), todos eles de Ribeira e xa se puxeron en contacto coas súas familias. Desta localidade do Barbanza tamén procede o relevo de máquinas, Juan Antonio García, que permanece desaparecido. Tamén está desaparecido Antonio Barreiro, natural de Noia. 

Entre os galegos tamén está confirmado o patrón de pesca, César Acevedo, de Vigo, e o cociñeiro, Santiago Leyenda, de Baiona. A última hora da terza feira confirmouse que ambos os dous estaban entre os mortos do naufraxio. 

De camiño a Stanley

As citadas fontes precisaron que a embarcación Lilibet está de camiño ao porto de Stanley con 13 sobreviventes, mentres que o pesqueiro Robin M Le ten ao sobrevivente restante a bordo, coa intención de permanecer no lugar durante a noite.

Segundo os informes, todos os sobreviventes gozan de boa saúde e só reportáronse lesións e enfermidades leves.Doutra banda, o King Edward VII Memorial Hospital está preparado para recibir aos sobreviventes para unha avaliación médica.

Pola súa parte, o delegado do Goberno, Pedro Branco, falou persoalmente coas familias para trasladarlles a información e poñerse á súa disposición para o que necesiten, co compromiso de seguir informando de calquera novidade.

A Armada de Arxentina está a colaborar nas tarefas de procura e rescate dos tripulantes do buque.