Morre un motociclista na Coruña após impactar contra un coche

Centro de atención de emerxencias do 112 Galiza. (Foto: Xunta)
Os servizos sanitarios só puideron corroborar o falecemento.

Un motorista faleceu esta quinta feira na cidade da Coruña ao sufrir un accidente cun coche contra o que impactou cando circulaba na zona de Bens. Segundo informou  a central de emerxencias do 112-Galiza, o sinistro produciuse na estrada DP-3003, dentro do termo municipal coruñés, contra as 20.45 horas desta pasada cuarta feira.

Após recibir a alerta de varios particulares, a central de emerxencias mobilizou varios efectivos, entre eles, unha dotación de Urxencias Sanitarias-061. Desprazados até o lugar, os profesionais sanitarios unicamente puideron corroborar a morte do piloto da motocicleta a consecuencia das feridas sufridas na colisión.