Un mozo de 30 anos, moi grave tras unha caída de oito metros nun recinto de escalada en Compostela

Helicóptero do 061 con base en Santiago de Compostela. (Foto: Europa Press)

O estabelecemento está situado no polígono de Costa Vella, na rúa República Checa.

Un mozo de 30 anos quedou en estado grave após sufrir unha caída de oito metros mentres facía escalada nun recinto de Santiago de Compostela na tarde desta pasada segunda feira. Até este estabelecemento situado no polígono de Costa Vella, na rúa República Checa, desprazouse o helicóptero con base medicalizada na capital galega.

Un particular avisou do suceso, sobre as 20.15 horas da segunda feira, á central de emerxencias do 112-Galiza, advertindo que o mozo se precipitara desde unha altura elevada cando practicaba escalada neste local.

Foron informados 061, Policía Nacional, Policía Local e Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Santiago, entre outros. Os membros da Policía Local desprazados até onde se produciu o accidente detallaron que o home sufrira unha caída desde uns oito metros de altura.

[Información corrixida ás 11.03 horas por un erro da fonte informante]