Morre unha persona en Fene após ser alcanzada por un tren da liña A Coruña-Ferrol

Unha persona faleceu este domingo no municipio de Fene, comarca de Ferrolterra, após  ser alcanzda por un tren de pasaxeiros que cubría a liña entre A Coruña e Ferrol, á altura da parroquia de Limodre.

Nestes momentos, informa o 112, os equipos de emerxencias e seguridade traballan para restabelecer no menor tempo posíbel a circulación ferroviaria, que permanece cortada no punto.

Ás 18,45 horas, o persoal de seguridade de ADIF explicou ao 112 Galiza que un tren que percorría o traxecto entre A Coruña e Ferrol alcanzara unha persona á altura de Limodre, en Fene.

Desde o servizo solicitouse a colaboración no operativo de Urxencias Sanitarias de Galiza-061, do GES de Mugardos, da Garda Civil e da Policía Local de Fene.

Tamén os membros da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Mugardos estiveron no lugar dos feitos. Ao mesmo tempo, informouse os Bombeiros de Ferrol e a Protección Civil de Fene por se fose necesaria a súa intervención.