Morren dúas persoas e unha resulta ferida grave nun accidente de tráfico en Dumbría

Ambulancia do 061. (Foto: Nós Diario)
Segundo a información do CIAE 112-Galiza, o sinistro tivo lugar pasadas as 16 horas no quilómetro 78 da AC-552, ao seu paso por Berdeogás, onde chocaron un camión que transportaba madeira e un coche.

Dúas persoas faleceron e unha resultou ferida grave nun accidente de tráfico rexistrado na tarde desta cuarta feira no municipio de Dumbría (comarca de Fisterra). Segundo a información do CIAE 112-Galiza, o sinistro tivo lugar pasadas as 16 horas no quilómetro 78 da AC-552, ao seu paso por Berdeogás, onde chocaron un camión que transportaba madeira e un coche.

Dos tres ocupantes do turismo, dous faleceron no lugar do accidente e un foi trasladado en estado grave. O condutor do camión resultou ileso. No operativo participaron persoal sanitario do 061-Galiza, de Bombeiros de Cee, da Garda Civil de Tráfico e de Protección Civil.