Un motorista fica gravemente ferido após colisionar cun coche en Cenlle

Lugar do accidente en Cenlle (Foto: Garda Civil).

Un motorista resultou ferido moi grave nas últimas horas como resultado dunha colisión frontolateral cun turismo, ocorrida no municipio de Cenlle, segundo informou a Garda Civil.

Os feitos tiveron lugar sobre as 20.20 horas deste domingo na travesía de Barbantes Estación de Cenlle, cando se produciu unha colisión entre un coche ocupado por un matrimonio e os seus tres fillos (que resultaron ilesos), e unha motocicleta, conducida por un veciño de Ourense de 68 anos de idade.

Ao lugar acudiu unha dotación de Bombeiros de Ribadavia, efectivos de Protección civil, unha patrulla de motoristas e un equipo de atestados do subsector de Tráfico da Garda Civil de Ourense, así como efectivos de Urxencias Sanitarias 061, que trasladaron o motorista, ferido moi grave, ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense.