Unha muller falecida na Coruña tras ser atropelada por un tren

Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press)

Unha persoa morreu nesta madrugada na Coruña tras ser tras ser alcanzada por un tren, que realizaba o traxecto entre a cidade herculina e Ferrol.

O túnel de Casablanca no barrio coruñés dos Castros volveu a ser escenario dun sinistro mortal, semellante a outro vivido en 2018.

A vítima é unha muller, descoñecéndose até este momento as causas do accidente, se ben non se descarta un suicidio.

As primeiras novas do falecemento achegárono as sete horas persoal de seguridade da compañía ferroviaria. Posteriormente, os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galiza-061 confirmaron a súa morte.

O sinistro obrigou a presenza da zona de persoal de 112, axentes da policía local e estatal e bombeiros da Coruña.

A presenza dos equipos de emerxencias e de seguridade obrigou a cortar o tráfico ferroviario durante dúas horas.

A circulación non recuperou a súa normalidade até perto de 10 da mañá.