QUE FACER?

Música, danza, humor, cinema e a Festa da Xiba en Sada!!

Festa da Xiba

Completo menú para bulir esta finde, cun cefalópodo como protagonista, a xiba, terá os seus días de gloria en Sada.

De sexta feira a domingo

Sada. Festa da Xiba. Festa na honra deste cefalópodo na que participan moitos dos locais hostaleiros da vila, con concurso de tapas incluído.

Sexta feira

Fene. Museo do Humor. 20 horas. Os da Ría. Oferécennos o espectáculo Íntimos, dentro do programa Cultura no Camiño.

A Coruña. Teatro Rosalía. 20.30 horas. Nova Galega de Danza. Porán en cena o seu novo espectáculo, Son, composto por dez coreografías que se van entrelazando entre si.

Sábado

Pontevedra. Sala Karma. 22 horas. Caxade. O grupo xira polo país para apresentar o seu último traballo, “E isto é o amor”.

Lugo. Clavicémbalo. 23 horas. Arrythmia, que xoga na casa, apresenta novo disco e faino precedidos por uns teloneiros de luxo, o grupo de pop humorístico Poetarras.

Até o domingo

Vigo. Festival Primavera. Quinta edición dun festival que proxectará 55 curtas e 22 longametraxes de Galiza e Portugal.