Nais e pais do Monte Caxado levan os seus protestos ao acto de entrega das Medalla Galiza

Nais e pais concentrados perante o Museu da Cidada da Cultura

Condenado ao encerramento polos recortes da Consellaría de Ensino, o CPI Monte Caxado -representado por nais e pais do alumnado- fíxose presente esta segunda feira no exterior do Museu da Cidade da Cultura, onde decorreu o acto de entrega das Medalla Galiza.

No interior do Museu, Feijóo protagonizaba o acto de entrega das Medallas Galiza ao ex presidente da República portuguesa, Aníbal Cavaco Silva; á empresaria Isabel Castelo D'Ortega y Cortés; ao presidente do Consello de Estado, ex ministro de Sanidade e ex tesoureiro do PP, José Manuel Romay Beccaría; e ao concelleiro Ermua asasinado por ETA Miguel Ángel Blanco (este galardón, a título póstumo, recolleuno a súa irmá).

 

No exterior, un grupo de nais e pais exteriorizaban os seus protestos pola decisión da Consellaría de Sanidade de fechar o CPI Monte Caxado, unha pinga máis no océano de recortes que ten afectado a comunidade educativa galega nos últimos anos.

 

Non innovou excesivamente o seu discurso Feijóo durante o acto de entrega dos premios. No canto de se centrar no seu proxecto para Galiza, o presidente do Goberno galego cargou, máis unha vez, contra o nacionalismo en xeral e contra o soberanismo catalán en particular.