Notifican a sanción de dous días de suspensión ao xinecólogo de Verín

Javier Castrillo

Castrillo presentará alegacións ao ver a proposta "inxusta" e a Xunta evita valorar o que cualifica de "proceso administrativo"

O xinecólogo do Hospital de Verín Javier Castrillo, unha das caras máis visíbeis durante o conflito do paritorio, foi notificado cunha proposta de sanción de dous días de suspensión de funcións.

Castrillo recibiu a notificación e ten 10 días para presentar alegacións, algo que asegura que fará porque ve "inxusto" tanto que se lle castigue con dous días como con dous anos, período ao que podería chegar a proposta da Xunta.

Pola súa banda, fontes da Consellería de Sanidade consultadas por Europa Press evitan valorar o que cualifican de "proceso administrativo".

"Non fixen nada para que se me cualifique cunha falta grave", denuncia pola súa banda o médico, quen, en declaracións a Europa Press, considera que se a Administración autonómica segue adiante co expediente, que se lle notificou en novembro, é porque "non quere recoñecer que foi unha vinganza".

Neste escenario, agradece que as mostras de apoio que está a recibir dos seus compañeiros son "todas", e iso "animicamente" sérvelle. En calquera caso, e aínda que dous días non lle supón "nada", subliña que alegará porque segue "pensado que é inxusto" e que se se lle abriu expediente foi para que "non siga protestando".