Novas normas para os líquidos nas viaxes en avión

Unha maleta nun aeroporto (Foto: Nós Diario)

Bruxelas aplica desde este domingo, 1 de setembro, restricións temporais ao control de líquidos.

A Comisión Europea aplicará desde este domingo 1 de setembro restricións temporais ao control de líquidos en todos os aeroportos da Unión Europea para harmonizar o límite de líquidos en cabina dun máximo de 100 mililitros.

En particular, a norma busca estandarizar os controis xa que algúns aeroportos que utilizan sistemas de detección de explosivos na equipaxe de man permiten actualmente ás persoas pasaxeiras transportar recipientes de líquidos de máis de 100 mililitros.

É por iso que Bruxelas estabelece que a partir de setembro o tamaño máximo volva ser o estándar tamén nos aeroportos que utilicen este tipo de equipos de control.

Segundo explicou nun comunicado a Comisión Europea, esta cuestión responde a unha cuestión técnica temporal e adóptase da man de socios internacionais da UE.