Novo asasinato machista, desta volta en Foz
María Elena Rodríguez Quiroga foi asasinada o 24 de abril polo seu compañeiro cunha arma de fogo que el propio construíra. O movemento feminista chama a se mobilizar para denunciar a violencia exercida contra as mulleres.
Máis un asasinato machista que eleva a 22 as mulleres asasinadas no conxunto do Estado español. María Elena Rodríguez Quiroga, natural de Segovia e veciña de Foz foi asasinada na quinta feira (24 de abril) polo seu compañeiro quen posteriormente se suicidou.
O crime foi cometido cun arma de fogo que el propio construíra manipulando unha pistola de bengalas, segundo informou o delegado do Goberno español en Galiza, Samuel Juárez, após as pesquisas da policía.
María Elena Rodríguez de 72 anos de idade é a terceira muller asasinada pola violencia machista no noso país no que vai de ano.
O movemento feminista convocou concentracións de repulsa esta sexta feira en diversas localidades galegas.
- A Coruña - luns 28 ás 20h no Obelisco (Movemento feminista d'A Coruña)
- Compostela - luns 28 ás 20h Praza 8 marzo, Porta do Camiño (Movemento feminista de Compostela)
- Ourense - luns 28 ás 20h diante da Subdelegación do Goberno, Parque San Lázaro (Marcha Mundial das Mulleres)
- Foz - luns 28 ás 20h na Praza do Concello de Foz (Observatorio da Mariña pola Igualdade)