Primeiro feminicidio no que vai de ano no noso país

Novo asasinato machista na Galiza

Unha muller de 55 anos morreu a coiteladas a mans da súa parella, un home de 59, na súa morada, no Carballiño. Aconteceu este domingo, por volta das 21 horas. Todo indica que o agresor, unha vez perpetrado o asasinato, tentou suicidarse. 

Fontes policiais de O Carballiño indicaron que a muller non interpuxera ningunha denuncia previa por maos tratos contra a súa parella. 

O home protagonizara a semana pasada un intento de suicidio.

Unha dotación da policía local foi alertada por un familiar da vítima que intentara en van comunicar por telefone coa morada. Ao chegar á vivenda, acharon o corpo da muller ensaguentado. O home apresentaba feridas con todo o aspecto de teren sido producidas por el propio.

Este é o primeiro feminicidio no que vai de ano no noso país.