Novo aumento de casos activos nas áreas sanitarias de Vigo e A Coruña

Un sanitario realiza unha proba para detectar posíbeis positivos da COVID-19.

O total na Galiza é de 163.

O número total de casos activos de coronavirus na Galiza baixa mais mantense o aumento nas áreas sanitarias de Vigo e A Coruña, nunha dinámica que acumula xa varios días.

A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informa que, na última actualización, esta quinta feira, o número de casos activos de coronavirus na Galiza é de 163.

Deles 39 son da área da Coruña (2 máis ca onte), 74 da de Lugo (24 menos), 4 da de Ourense (1 menos), 9 da de Pontevedra, 27 da área de Vigo (7 máis), 10 da de Santiago (1 menos), e ningún da de Ferrol.

Do total de pacientes positivos, 8 están en unidades de hospitalización e 155 no domicilio, non habendo ningún en UCI.

Polo de agora, na Galiza hai un total de 11.187 persoas curadas, rexistrándose 619 falecementos.

O número de PCR realizadas é de 238.786.

Dentro do total de casos rexistrados na Galiza non hai xa ningún vinculado con centros residenciais, segundo indica Sanidade.