Superman é bisexual. O fillo de Clark Kent, que toma o relevo do seu pai no negocio dos superheroes, terá unha relación homosexual no novo libro da serie ‘Superman: Fillo de Kal-El’ mais comunicouse a súa bisexualidade.
DC Comics anunciou esta semana esta adaptación á realidade social a través da banda deseñada.
“Debe ser actual, perderíamos unha oportunidade se substituísemos a Clark Kent por outro salvador heterosexual branco”, declarou o escritor da serie, Tom Taylor, á BBC.
Quen será o namorado de Kent? Como o seu pai, terá un vínculo cun xornalista
A creadora de banda deseñada máis recoñecida xunto a Marvel, non quixo dar moitas pistas sobre como será esa trama da historia, pero avanzou que Jon Kent terá unha relación con Jay Nakamura.
Quen será o namorado de Kent? Como o seu pai, terá un vínculo cun xornalista. Neste caso Jay.
O mozo, que segundo as imaxes que se foron adiantando ten cabelo rosa e lentes, apoiará Superman ante o seu “esgotamento mental e físico por tentar salvar á xente”.
O volume estará na rúa este mes de novembro e sábese que o protagonista seguirá a enfrontarse aos problemas para salvar á xente. En entregas anteriores o fillo de Clark Kent actuou en casos de incendios forestais, estivo pelexando contra a deportación de refuxiados e mesmo evitou tiroteos nas escolas.
A nova está a xerar debate na sociedade pero a maior parte do público está a favor deste cambio.