Novos concellos entran no nivel de máxima alerta pola Covid

Son 43 os municipios galegos nesta situación.

Os concellos de Monforte de Lemos e  Salceda de Caselas pasaron a nivel 3 de alerta pola pandemia, coloreados en vermello no mapa de incidencia do coronavirus na Galiza na última semana, segundo publicou hoxe a Consellería de Sanidade.

Estas incorporacións, no entanto, non varían ese mapa-semáforo de incidencia do virus, que se mantén con 43 concellos en vermello (nivel tres de alerta). Santa Comba e Cervo baixan a nivel ‘laranxa’.

Así, segundo os datos trasladados por Sanidade en nivel 3 de alerta están Lugo, Viveiro, Vilalba e Chantada, ademais de Monforte.

Tamén Ribadavia e Xinzo da Limia figuran na listaxe, así como Santa Comba, A Coruña, Ferrol, Narón, Fene, Oleiros, Cambre, Culleredo, Arteixo, Carballo, Coristanco, Malpica, Ponteceso, Cabana, Vimianzo, Cee, Ames e Teo.

Pontevedra, Vilagarcía, Ribadumia, O Grove, Sanxenxo, Poio, Marín, Soutomaior, Redondela, Vigo, Nigrán, Mos, Ponteareas, O Porriño, Tui, Salvaterra, Salceda de Caselas, A Garda e Lalín completan ese grupo de municipios en máxima alerta pola pandemia.

No segundo nivel de alerta, coloreados en laranxa no mapa de incidencia do últimos sete días, hai 27 concellos de toda Galiza, dous menos que hai un día.

Ares, Sada, Bergondo, Laxe, Camariñas, Noia, Santiago, Ordes, Santa Comba, e Ribeira; A Estrada, Caldas de Reis, Cambados, Bueu, Cangas, Moaña, A Cañiza, Baiona, O Rosal e Tomiño;  Cervo, Burela e Sarria; e, Ourense,  Barbadás, A Rúa e Verín.