Investigan unha agresión sexual a unha menor en Cee

A moza foi atendida no Hospital Virxeda Xunqueira de Cee. (Foto: Sergas)

A Garda Civil investiga unha agresión sexual a unha menor ocorrida, presuntamente, durante a noite da sexta feira na localidade de Cee (comarca de Fisterra).

Segundo fontes consultadas por Europa Press, os feitos sucederon nas festas dunha parroquia do municipio, A Pereiriña. A rapaz afoi trasladada ao Hospital de Cee para ser atendida. 

Ademais, estas mesmas fontes confirmaron que o presunto agresor xa foi identificado.