'Obradoiros de empoderamento para mulleres: Cociña saudábel'. A polémica actividade do Concello da Peroxa

Casa do Concello da Peroxa (Foto: Elisardojm).
“Haberá actividades do máis variadas para fomentar a actividade física, a autoestima, o coidado persoal, novas tecnoloxías...”, anuncian desde a conta de Facebook do Concello.

“Apúntate! As plazas son limiitadas!”, este é o chamamento da Concello da Peroxa (comarca de Ourense) fai para acudir a un obradoiro que desde o consistorio organizan e que creou controversia en

A actividade en cuestión pertence a un ciclo de obradoiros que de leva por título: ‘Obradoiros de empoderamento para mulleres’.

O cartaz da actividade (Concello da Peroxa).

Dentro dese ciclo, hai unha actividade que terá lugar este 11 de setembro e que se titula ‘Cociña saudable’ e terá lugar nos baixos da casa do Concello. O alcalde do municipio é Manuel Seoane (PP).

Unha actividade que busca levantou críticas por ser para "empoderar mulleres" e tratar sobre cociña.

Outras actividades

O ciclo de obradoiros, que recibe financiamento da Xunta da Galiza, non só tivo lugar na casa do Concello senón que tamén houbo noutros lugares do concello peroxense como Os Peares, Armental ou Toubes.

“Haberá actividades do máis variadas para fomentar a actividade física, a autoestima, o coidado persoal, novas tecnoloxías...”, anuncian desde a conta de Facebook do Concello.