As obras do tren de Alta Velocidade que conecta Vigo con Porto comezarán no ano 2026
Portugal anuncia que as obras do tren de alta velocidade que conectará Porto con Vigo en 1 hora e 25 minutos comezarán en 2026. Así o informou onte o primeiro ministro de Portugal, António Costa, quen indicou que o proxecto de alta velocidade entre Lisboa e Porto ademais de "unir o país e de mellorar a súa proxección no mundo", inclúe tamén a futura conexión con Vigo. Esta infraestrutura, cuxa primeira fase das obras comezará en catro anos, permitirá realizar o traxecto en menos de hora e media.
A infraestrutura permitirá realizar o traxecto entre Vigo e Porto en menos de hora e media
Segundo indica o esquema gubernamental, e como así o anunciou o primeiro ministro de Portugal, a segunda fase da conexión ferroviaria entre Vigo e Porto prevese que comezará a partir de 2030 e que permitirá reducir o tempo de viaxe en dez minutos, é dicir, o traxecto duraría 50 minutos.
Na súa intervención, Costa manifestou que este enlace vai permitir "reforzar a fachada atlántica" e que será o "primeiro paso para a integración de Portugal na rede ibérica de alta velocidade". O Goberno portugués tamén explicou que na infraestrutura que transcorre entre Braga e Valença hai un treito que liga co territorio español, polo que "só se poderá construír nesa parte" cando o Estado español tamén planifique a infraestrutura.
Segundo recolle o esquema dado a coñecer na cerimonia de presentación da nova liña de alta velocidade, o percorrido será de perto de tres horas até A Coruña, o que supón reducir á metade as seis horas e 34 minutos coas que conta agora.
A nova liña AVE reducirá á metade o traxecto de seis horas e media á Coruña
Nunha segunda fase, os tempos reduciranse significativamente no percorrido entre Porto e Coruña será de 2 horas con 23 minutos e de 48 minutos até Vigo.
O Ministro de Infraestruturas de Portugal, Pedro Nuno Santos, afirmou que "despois de décadas de desinversión ferroviaria, de peche de liñas e de prioridade ao transporte individual, estamos levando a cabo unha revolución". Así, destacou que "sabemos que as vilas de ambos os lados da fronteira teñen relacións moi estreitas".