18 feridos tras chocar un coche contra unha carpa de festas en Vilanova de Arousa

Momentos posteriores ao atropelo múltiple en Vilanova de Arousa (Foto: Servizo de Eemerxencias).
Até o lugar mobilizáronse os servizos de Emerxencias, Bombeiros e Garda Civil, entre outros, e procedeuse á evacuación do lugar onde se estaban celebrando as festas parroquiais.

11 persoas resultaron feridas, entre elas un menor en estado grave, este domingo en Vilanova de Arousa ao chocar un coche, tras perder o control, contra unha carpa durante as festas da parroquia de Deiro.

Así o confirmaron esta segunda feira fontes do 112 Galiza, que detallaron que os feitos ocorreron sobre as 23.25 horas do domingo, hora a partir da cal empezaron a recibir varias chamadas de alerta.

Até o lugar mobilizáronse os servizos de Emerxencias, Bombeiros e Garda Civil, entre outros, e procedeuse á evacuación do lugar onde se estaban celebrando as festas parroquiais.

Os feridos poden ser máis

As fontes cifran en 11 o feridos pero non descartan que o número sexa maior, xa que precisan que houbo persoas que se desprazaron polos seus propios medios cara ao hospital.

Un contrabandista ocupaba o vehículo

O famoso contrabandista, Luis Falcón Pérez, conocido como 'Falconetti', de 82 años de idade era, segundo se puido coñecer, un dos ocupantes do vehículo. 

A esposa de Falcón, Digna Díaz Oubiña, era quen conducía o coche. Trátase dunha octoxenaria que perdeu o control do vehículo atropelando unha carpa na que había decenas de persoas vendo un concerto da orquestra París de Noia.

A condutora deu negativo nas probas para detectar o consumo de alcol e drogasm, segundo informou a Garda Civil. Atribúeselle un delito de lesións imprudentes e outro de danos.

"Desgraciado accidente"

O alcalde de Vilanova, Gonzalo Durán, confirmou que o "desgraciado accidente" se produciu porque a condutora, que ía acompañada do seu marido no coche, perdeu o control do vehículo "por causas que se descoñecen". "Só puido ser por dous motivos, ou mecánico ou un descoido ou fallo", sinalou, e confirmou que o coche impactou contra un dos piares da carpa.

O rexedor, que descartou a intencionalidade, trasladou a súa preocupación polas persoas feridas e o seu desexo de que se recuperen canto antes. "Non hai que darlle máis voltas, foi un accidente desgraciado, había moita xente pero puido ser peor. A carpa non caeu por sorte, só o piar", engadiu.

Por outra parte, Durán explicou que a comisión organizadora da festa "cumpría con todas as condicións de seguridade", e que o recinto estaba valado.