Orballo, Psico VR e Grupo VARPA, premios Spin-OFF PuntoGAL

Entrega dos premios Spin-Off PuntoGal 2020, organizados por Gciencia e PuntoGal co apoio da Xunta e de Gadis (Imaxe: GCiencia).
O certame premiou un proxecto de infusións e especias cultivas na Galiza, unha compañía que emprega a realidade virtual no tratamento de fobias e un equipo de investigación de intelixencia artificial da UDC.

Psico Vr é unha compañía que aplica a realidade virtual no tratamento de fobias.  

Orballo é a marca de tés e infusións feitos asentada nas mariñas coruñesas. O Grupo de Visión Artificial e Recoñecemento de Patróns da Universidade da Coruña, grupo VARPA, explora os usos da intelixencia artificial no ámbito da sanidade.

Os tres recolleron hoxe o premio Spin-OFF PuntoGal, que recoñece o seu traballo nas categorías de idea emerxente, selo de calidade e grupos de investigación respectivamente. O proxecto Data Monitoring tamén foi destacado como finalista.

Este certame, que suma a súa cuarta edición, está convocado polo dominio PuntoGal e GCiencia e conta co apoio da Secretaría Xeral de Universidades e da empresa Gadis.

Este ano presentáronse un total de 15 proxectos, dos que o xurado destacou a súa "alta calidade".

Os galardóns foron entregados esta cuarta feira nun acto na Cidade da Cultura de Santiago de Compostela.

Nel estiveron presentes o alcalde do concello compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, o secretario xeral de Universidades da Xunta, José Alberto Díez de Castro, e o reitor da Universidade da Coruña, Julio Abalde Alonso.