Os tribunais recoñecen dereitos ás parellas do mesmo sexo

Foto: Nós Mesmas

O Tribunal Constitución recoñece o dereito das parellas de feito a cobraren a pensión de viuvedade ao tempo que o Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos vén de facer pública a sús defensa de que nunha parella do mesmo sexo, unha das partes poida adoptar o fillo ou filla que xa adoptara a outra.

 

O Tribunal Europeo dos Dereitos Humanos demandou do governo austríaco que revoque a lei que impede que un dos membros dun casal do mesmo sexo adoptar ao fillo ou filla que xa adoptara a outra parte da parella. No mesmo sentido se vén de pronunciar o Tribunal Constitucional da Alemaña ao deliberar que as persoas do mesmo sexo teñen dereito a aoptar ás crianzas da súa parella.

Por outra banda, o Tribunal Constitucional declarou a inconstitucionalidade do apartado da Lei de Medidas en materia de Seguridade Social, do 2007, no que se lle recoñece a concesión da pensión de viuvedade ás parellas de feito só cando tiveren descendencia en común. Impedíase polo tanto, até o de agora, que as parellas do mesmo sexo puidesen gozar desta rebribución. O TC toma a decisión amparándose no artigo 14 da Constitución que prohibe a discriminación en función de calquera “condición ou circunstancia persoal ou social” , entre as que, para o alto tribunal, se sitúa a orientación sexual.