Os pacientes Covid hospitalizados baixan a 313 e soben lixeiramente os casos activos a 2.685

Os contaxios diarios repuntan a 122 e a taxa de positividade mantense nun 2%.

 

Os pacientes con Covid-19 hospitalizados na Galiza reducíronse a 313, o que supón 12 menos que a xornada anterior, cunha maior caída entre os que se atopan en UCI, mentres que os casos activos subiron lixeiramente a 2.685 -tres mái--, despois de mes e medio de tendencia descendente.

Segundo os datos actualizados na mañá desta terza feira pola Consellería de Sanidade con rexistros até as 18:00 horas de onte, hai 65 pacientes Covid en UCI --¡nove menos que a xornada anterior-¡- e 248 noutras unidades --¡tres menos-¡-.

A única área sanitaria que rexistra un incremento nos ingresados é a de Vigo, que conta con 13 en UCI -un menos- pero con 49 noutras unidades -catro máis-; mentres que a de Lugo mantén seis en críticos e 19 noutras unidades -sen cambios en ambos os casos-.

Pola súa banda, os casos activos subiron lixeiramente a 2.685 -tres máis- despois de mes e medio de tendencia descendente -desde o 4 de febreiro-, ao producirse máis contaxios que altas.

Os contaxios diarios detectados con calquera tipo de proba incrementáronse a 122 -tras os 112 detectados a xornada anterior-, deles 105 positivos confirmados por PCR nas últimas 24 horas.

En canto á taxa de positividade -porcentaxe de infeccións por test PCR realizados- subiu lixeiramente a un 2,4%, após repuntar ao 2,1% esta segunda feira despois de situarse nun 1,5% o domingo. No entanto, a Galiza continúa por baixo do 5% que a Organización Mundial da Saúde (OMS) fixa para dar por controlada a pandemia.

As persoas falecidas diagnosticadas con Covid-19 desde o inicio da pandemia en Galicia sitúanse en 2.303 despois de notificar na desta segunda feira as autoridades sanitarias tres novas vítimas mortais.