Pecha ao baño unha praia de Sanxenxo por unha vertedura e recomendan non bañarse noutra de Vilagarcía

Praia do Preguntoiro, en Vilaxoán, Vilagarcía. (Foto: Turismo de Galiza)
O Goberno local vilagarcián criticou a "xestión da información" por parte da Consellaría de Sanidade: ""Non parece moi normal que se unha análise faise a terza feira, día 6, e os resultados coñécense a quinta feira, día 8, como se admite no propio escrito da Consellaría, espérese até a sexta feira día 9 a última hora da mañá para comunicalo ao Concello".

Os concellos de Sanxenxo e Vilagarcía, na comarca do Salnés, informaron esta sexta feira de incidenciasen dúas praias, concretamente o pfeche dunha no primeiro concello por unha vertedura e a recomendación de non bañarse nun areal de Vilaxoán (Vilagarcía) por niveis altos de 'E. Coli'.

En concreto, en Sanxenxo, a obstrución dunha tubaxe na Rúa Madrid, á altura da praia de Lavapanos, provocou unha vertedura na praia.

Aínda que a concesionaria xa atopou a avaría e esta foi resolta, fechouse ao baño a praia por precaución.

Por outra parte, o Concello de Vilagarcía recibiu os resultados das análises feitas á auga da Praia do Preguntoiro, que deu niveis altos de 'escherichia coli', por riba dos permitidos.

Así, e aínda que os niveis de enterococos están por baixo do permitido, recoméndase absterse de bañarse.

Neste último caso, o Consistorio criticou a "xestión da información" por parte da Consellaría de Sanidade que, dixo o concello, "sabían os resultados desde onte [pola quinta feira]". "Non parece moi normal que se unha análise faise a terza día 6 e os resultados coñécense a quinta día 8, como se admite no propio escrito da Consellaría, espérese até a sexta 9 a última hora da mañá para comunicalo ao Concello", dixo o Goberno local.