Todas as mans e apoios son benvidos. A cita será o sábado 15 de febreiro nos baixos da parroquia Cristo da Victoria (Vigo). Un encerramento de 12 horas, desde as dez da mañá até as dez da noite. Haberá debates, obradoiros, actividades para as crianzas, proxección de documentais, coloquios sobre ILP, música, xantar e cea común... Haberá, logo, convivio e compromiso.
“Dende as loitas cotiás e comúns destes os nosos colectivos, decidimos que chegou o momento de pecharnos: pecharnos porque nos pechan todas as portas"
“Dende as loitas cotiás e comúns destes os nosos colectivos, decidimos que chegou o momento de pecharnos: pecharnos porque nos pechan todas as portas; pecharnos, aínda que pareza paradoxo, para que os responsables políticos e a sociedade toda nos vexan e nos escoiten”. Esta é a reflexión que transmiten @s convocantes: Oficina de Dereitos Sociais-Coia, a Plataforma de Afectados pola Hipoteca (PAH), o Grupo de Axitación Social (GAS), o Colectivo Imán e a Parroquia Cristo da Victoria.
Entre tod@s
“Queremos partillar unha xornada de convivencia e reflexión, e denunciar publicamente unha vez máis a situación de indefensión na que nos atopamos a cidadanía pola falta de solucións das administracións públicas ante o crecente empobrecemento do que somos vítimas”.
No cerne desta iniciativa, o dereito “a vivir dignamente ao tempo que compartimos un espazo privilexiado de encontro coa finalidade de buscar e construír entre todas alternativas xustas e posibles fronte a exclusión e a precariedade que pretenden impoñernos”.