Os pellets chegan á costa de Euskadi, unha semana antes do previsto polo Goberno vasco
Os pellets alcanzaron xa a costa vasca, despois de que se detectase a súa presenza na praia biscaíña da ‘Arena’. Con todo, aínda se analiza se proceden da vertedura do buque Toconao, que chegaron á Galiza, Cantabria e Asturias, segundo informou o departamento de Desenvolvemento Económico, Sustentabilidade e Medio Ambiente.
Despois de localizarse estes microplásticos no areal da praia de Muskiz, o instituto Azti atópase investigando nos laboratorios de Derio se as mostras recollidas proveñen da Galiza para determinar se son os primeiros pellets da vertedura do buque Toconao.
Previsión
O Gobierno Vasco non previra que puidesen chegar á costa de Euskadi estes microplásticos tan cedo, senón que cría que poderían alcanzar o litoral vasco a próxima semana. En todo caso, a conselleira de Desenvolvemento Económico, Sustentabilidade e Medio Ambiente, Arantxa Tapia, anunciou esta pasada terza feira que se activara, en previsión, o plan especial de Emerxencia por contaminación no mar.
Delito?
Ademais, o presidente do Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco, Iñaki Subijana, afirmou que a vertedura de pellets de plástico detectado na Galiza "hipoteticamente" pode constituír un delito ambiental e emprazou á análise de diferentes elementos "para ver se hai unha responsabilidade xurídico-penal".
O presidente do alto Tribunal vasco referiuse así á decisión da unidade especializada de Medio Ambiente da Fiscalía Xeral do Estado de abrir dilixencias pola vertedura de pellets de plástico que afecta a case toda a costa galega e que se desprazou a Asturias e Cantabria.