O Sergas anuncia unha auditoría

Un pequeno lume revela un fallo xeral do sistema anti-incendios do Hospital de Santiago

Imaxe do Complexo Hospitalario Unievrsitario de Santiago de Compostela. Foto: Sergas.

O pasado 15 de xullo ardeu unha neveira do laboratorio do Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela. Traballadores apagárono con extintores despois de localizalo polo olor. O sistema antiincendios do centro non funcionou. “Houbo un fallo xeral”, denuncia a CIG. O Sergas anunciou “unha auditoría” para saber “por que non saltou a alarma”.
 

“Os detectores de fume non funcionaron”, sinala o delegado de prevención de riscos da CIG Xabier Alvedro, “e descubriuse un fallo xeral do sistema contra o lume”. Ademais, o sindicalista explica que a seguridade antiinciendios do hospital compostelán está anticuado e non é “abondo preciso”. “O incidente puido ser unha verdadeira desfeita”, indicou a central nun comunicado, “se chega a acontecer nalgunha das distintas áreas nas que non hai persoal a fin de semana”.

 

O Sergas cualficou o sucedido de “conato de incendio”, cousa que contradí Alvedro: “Foi un incendio, ardeu unha neveira e houbo que usar extintores para apagalo”. En todo caso, Sanidade admite que o sistema antiincendios non cumpriu o seu cometido e que comezraon a procurar os motivos “inmediatamente despois de apagalo”. O Sergas tamén asegura que está a actualizar o chamado “plan de autoprotección”.

 

“Levamos anos esixindo un plan de autoprotección e que este se presente ás traballadores e traballadoras do hospital e nada. Agora din que o están actualizando, pero non coa”, asegura Xabier Alvedro. O mencionado documento recolle os medios materiais e a estrutura organizativa para previr riscos sobre persoas e bens materias. A CIG resúmeo nun “controlar riscos, saber dar a voz de alarma e as vías de evacuación, se fose preciso”.

 

O delegado sindical engade a “este fallo xeralizado” probelams co teléfono de emerxencias interno do complexo. Este conta con persoal de mañá e tarde, pero “non nas noites dos días laborábeis, nin nos festivos”. Nesas xornadas, desvíase a unha empresa privada “con sede en Valladolid”. “Alí non saben de que vai o tema. Non coñecen o hospital. Se lles digo que hai lume no Ciclotrón, non saben de que falo”, indígnase Alvedro.

 

A CIG Saúde expresou nun comunicado os seus desexos de que “este incidente/accidente sirva para reconsiderar medidas, accións e comunicacións” e xerar así “unha contorna segura” de traballo.