Permanecen activos dous incendios forestais en Quiroga e na Illa de Arousa
08 de agosto de 2023 (17:45 h.)
Polo momento non constan datos de superficie queimada en ningún dos dous incendios.
Dous incendios forestais permanecen activos a esta hora nas localidades de Quiroga e da Illa de Arousa.
O primeiro deles orixinouse na parroquia de Montefurado, segundo confirmaron fontes de Medio Rural. Alí traballan para a súa extinción un técnico, catro axentes, sete brigadas, sete motobombas, catro avións e cinco helicópteros. Polo de agora xa calcina 18 hectáreas.
Pola súa parte, no fogo da Illa polo momento non consta estimación da superficie calcinada.
Neste caso, até o lugar desprazáronse para o operativo de extinción dous axentes, cinco brigadas, dúas motobombas, dous avións e un helicóptero.