Unha persoa fica ferida en Ourense tras chocar un coche contra un cabalo

Centro Integrado de Atención ás Emerxencias 112 Galiza, no municipio da Estrada (Foto: Europa Press)
Segundo fontes do 112 Galiza, os feitos ocorreron de madrugada, cando un equipo médico e axentes da Garda Civil de Tráfico tiveron que intervir nun accidente, producido na N-525 no que se viron implicados dous vehículos e un cabalo.

Unha persoa resultou ferida na mañá desta segunda feira tras chocar un coche contra un cabalo na parroquia de Cudeiro de Ourense.

Segundo fontes do 112 Galiza, os feitos ocorreron de madrugada, cando un equipo médico e axentes da Garda Civil de Tráfico tiveron que intervir nun accidente, producido na N-525 no que se viron implicados dous vehículos e un cabalo.

En concreto, un dos automóbiles chocou contra o animal, que quedou mal ferido na vía e acabou por falecer. Para a súa atención e retirada, pediuse a mobilización do persoal de limpeza e mantemento da vía.

Como consecuencia do impacto, unha persoa resultou ferida, sendo atendida por unha dotación de Urxencias Sanitarias de Galiza-061 que se desprazou ao lugar.