O persoal das escolas infantís privadas denuncia salarios por baixo do SMI

Manifestación do persoal das escolas infantís en Compostela. (Foto: Europa Press).

O persoal das escolas infantís privadas mobilizouse este sábado en Compostela en defensa dun convenio que a patronal bloquea desde hai un ano.

Os traballadores e traballadoras das escolas infantís privadas saíron este sábado ás rúas da capital galega para manifestarse en contra do bloqueo das negociacións coa patronal, á que lle reclaman "un convenio e uns salarios dignos".

A marcha saíu da Alameda e percorreu as rúas compostelás até chegar á praza de Praterías. Na mesma, participaron membros da comunidade educativa, así como as familias e o alumnado

Os manifestantes corearon consignas como "sector feminizado, sector precarizado" e "non pode ser, educar aos vosos fillos sen chegar a fin de mes".

O conflito do sector educativo privado vén marcado polo baixos salarios do persoal destes centros, cuxo soldos son en moitos casos son inferiores do salario mínimo interprofesional (SMI).

CIG

A CIG-Ensino reclama o aumento do poder adquisitivo no novo convenio, que leva máis dun ano e medio bloqueado por "negociacións estériles". A este respecto,esixe unhas mellora nas condicións salariais.

O sindicato nacionalista denuncia que a patronal propuxo nas últimas reunións realizadas salarios máis baixos que os que fixara hai xa un ano, pasando de 1.660 euros para a categoría de mestra a 1.611 euros.

A organización sindical apunta que tamén hai retrocesos noutros dereitos laborais con respecto ás primeiras propostas, o que fai que o persoal das escolas infantís consideren "unha burla e un insulto" que se manteña bloqueada a negociación "coa intención de prolongar a súa precariedade".