Persoal sanitario do Barbanza rexeita os recortes da Xunta en Sanidade

Concentración ante o Hospital do Barbanza, en Ribeira, esta segunda feira. (Foto: Nós Diario)

Traballadoras e traballadores do Hospital do Barbanza concentrouse ante o centro hospitalario ao quedar tres días sen radiólogo de garda este verán.

Un grupo traballadoras e traballadores do Hospital da Barbanza, en Ribeira, concentráronse esta segunda feira ante as súas portas para denunciar a falta dun radiólogo de garda. É a terceira ocasión que ocorre, tras o 2 de agosto e o pasado 6 de setembro.

Esta ausencia deuse este verán "por primeira vez en 26 anos" que ten este centro comarcal, segundo explica á axencia Europa Press a delegada da CIG, Marián Rodríguez.

A falta deste profesional é, nas súas palabras, "unha liña vermella" porque, aínda que non se trata dun hospital grande, este "ten que ter unha serie de servizos mínimos".

Ao non dispor de radiólogo en Ribeira, as e os pacientes son derivados a Compostela, co consecuente "risco" que isto supón e a diminución da "calidade" do servizo.

De feito, a responsábel da CIG sostén que a falta de cobertura desta praza "non é unha cuestión económica, senón de condicións de traballo". Ademais, para o persoal do hospital, a ausencia de radiólogo é "unha carga de estrés adicional".