Tres persoas permanecen en estado grave polo accidente en Catalunya dun autobús que transportaba persoal de Inditex

O autobús tras o accidente en Pineda, Catalunya (Foto: Europa Press).
O accidente na estrada C-32 en Pineda (Catalunya) dun autobús que transportaba traballadores e traballadoras de Inditex deixou 47 persoas feridas.

O accidente na estrada C-32 en Pineda (Catalunya) dun autobús que transportaba traballadores e traballadoras de Inditex deixou 47 persoas feridas, mentres que 24 destas seguían esta terza feira ingresadas. A Generalitat de Catalunya explicou que as tres persoas que estaban en estado crítico continuaban en estado grave, e que estaban ingresadas no Hospital Vall d'Hebron de Barcelona, no Can Ruti de Sabadell e no Doutor Trueta de Girona.

[EN ACTUALIZACIÓN]