Pesar polo falecemento de Braulio Amaro, exemplo de compromiso coa Galiza

Braulio Amaro

Profesor, activista, sindicalista, militante pola soberanía e a xustiza social... Braulio Amara loitaba contra un cancro de próstata.

Braulio Amaro era unha persoa coñecida e apreciada no mundo, non sempre ben levado, do ‘soberanismo’. Este vigués, profesor de Matemáticas, activista social, e que foi secretario nacional de CIG-Ensino, levaba meses de combate contra o cancro e, paralelamente, de denuncia e comparte contra os recortes na sanidade pública, que denunciaba nesta entrevista publicada en Nós Diario en xuño de 2020.

Militou no MCG, o Movemento Comunista de Galiza, e participou na fundación das Bases Democráticas Galegas, e na plataforma Causa Galiza. 

Nas redes sociais, diferentes persoas e organizacións amosaron o seu pesar pola perda.