Piden tres anos de prisión para un home de Vilalba que provocou un incendio forestal en 2017

Bombeiros durante un incendio forestal nunha imaxe de arquivo (Foto: Nós Diario).
En concreto, segundo recolle o escrito do Ministerio Público, os feitos tiveron lugar o 27 de xuño de 2017 no lugar de Cerracín, na parroquia de Xermade, cando o home, por motivos que se descoñecen, prendeu lume á marxe dereito da estrada que vai de Vilalba a Momán.

O xulgado do Penal número 1 de Lugo acollerá esta quinta feira o xuízo contra un veciño de Vilalba que, en 2017, prendeu lume a unha ladeira, causando un incendio forestal que calcinou máis de cinco hectáreas de terreo. Fiscalía pide para el tres anos de prisión.

En concreto, segundo recolle o escrito do Ministerio Público, os feitos tiveron lugar o 27 de xuño de 2017 no lugar de Cerracín, na parroquia de Xermade, cando o home, por motivos que se descoñecen, prendeu lume á marxe dereito da estrada que vai de Vilalba a Momán.

5,58 hectáreas arrasadas

O incendio propagouse, calcinando unha superficie de 5,58 hectáreas, das cales case a totalidade foron de monte raso.

Ademais da superficie queimada, resultaron afectados varios propietarios de parcelas lindeiras, aínda que só un pide unha indemnización polos feitos.

A acción directa do lume causou danos na liña telefónica situada na estrada LUP-6513 por valor de 2.848 euros e os gastos de extinción ascenderon a 857,75 euros.

O fiscal considera o home autor dun delito de incendio forestal, e pide para el tres anos de cadea, así como unha multa a razón de seis euros ao día durante quince meses. Tamén deberá compensar con 400 euros o veciño afectado e a Telefónica e a Xunta polos danos na liña e o operativo de extinción

Por outra parte, o Penal número 1 de Lugo tamén acollerá esta quinta feira outro xuízo contra outro home acusado de causar un incendio forestal, aínda que neste caso de forma involuntaria.

O terreo queimado, en Pedrafita do Cebreiro, foi de 0,01 hectáreas e, segundo recolle o escrito. Piden para el oito meses de prisión.