A policía da Coruña denuncia a sete persoas por revolver nos contedores de lixo

Unha persoa sen recursos pasea polo centro da Coruña. / R.S.

A normativa local do goberno de Carlos Negreira multa con 100 euros a toda persoa que revolva o lixo, segundo o concello porque "deixa sucia a contorna". Normalmente, só andan nos contedores persoas en busca de comida.

Segundo diversas informacións, en só dous dias a policía municipal da Coruña -e non é a primeira vez- denunciou a sete persoas por rebuscar nos contedores de lixo, probabelmente na busca de comida.

Os denunciados foron interceptados en varios puntos da cidade e teñen entre 24 e 45 anos. Segundo a normativa municipal do goberno de Carlos Negreira (PP) esta actividade mancha a contorna, polo que as persoas identificadas pola policía local seguramente terán que afrontar multas por valor de 100 euros.

Hai tres meses, o BNG pediu no Concello que se derogara esa ordenanza, pero non foi escoitado.