Poñer os portos galegos de costas á súa veciñanza
Festas tradicionais ameazadas, actividades deportivas suspendidas, sangría nas caixas de concellos e asociacións culturais e veciñais... A lei aprobada en solitario polo PP en decembro para os espazos portuarios galegos comeza a pasar factura. Eis un extracto da reportaxe, publicada no Sermos Galiza 304.
Carril e Vilaxoán son dúas localidades arousás que pivotan en torno ao seu porto, non só en canto a actividade comercial senón tamén en relación ao seu día a día. As comisión de festexos de Carril de tanta raigame e seguemento como o Apóstolo, San Fidel ou o festival Ameixa Rock xa deron a voz de alarma. Son eventos que se fan en espazos xestionados por Portos de Galiza porque non hai outros. As novas fianzas exixidas, os trámites requiridos vense como “insuperábeis” polas comisións.
[Podes ler a información íntegra no número 304 de Sermos Galiza, á venda na loxa e nos quiosques]