O PPdeG rexeita limitar o consumo de peixe en centros educativos

Descarga de bonito no porto de Burela. (Foto: Carlos Castro / Europa Press)
Os populares sinalan "o malestar do sector pesqueiro respecto á norma na que traballa o Ministerio de Consumo".

O PPdeG mostrou o seu rexeitamento ao plan do Goberno de limitar o consumo de peixe nos centros educativos, despois de que hai uns meses o Executivo central avogara por revisar o consumo de peixe con contido potencialmente elevado en mercurio nos comedores escolares.

Os populares sinalan "o malestar do sector pesqueiro respecto á norma na que traballa o Ministerio de Consumo e que establecería unha pauta dunha a tres racións semanais e só unha por mes de rebozado".

"Non podemos entender por que o Goberno de Sánchez insiste en non buscar solucións ao descenso do consumo de peixe e en tomar o camiño equivocado", sostén o popular.

A través dos seus senadores na Cámara Alta, que prometen "pelear a batalla" contra este plan, os populares galegos aseguran que a proposta choca cos estándares establecidos pola Organización Mundial da Saúde (OMS).

Ademais, engaden que vai na dirección "totalmente contraria" aos informes emitidos polo comité científico da Axencia Española de Alimentación e Nutrición, "que recomendan o consumo de tres ou máis racións semanais".