A prensa lusa faise eco da celulosa de Altri "que Portugal non quere"

Planta de celulose de Altri em Vila Velha de Rodão, Portugal (Foto: Altri).
"Bomba ambiental no coração da Galiza que Portugal não quer" é o titular que encabeza a reportaxe do xornal portugués 'Público'.

"Altri quer produzir na Galiza 400 mil toneladas de celulose solúvel e 200 mil toneladas de fibra têxtil vegetal. O investimento com dinheiros públicos ascende aos 900 milhões de euros", recolleu o diario portugués Público este domingo.

"Bomba ambiental no coração da Galiza que Portugal não quer", ese é o titular que encabeza a reportaxe do xornal luso. Neste sentido, o portavoz de Greenpeace na Galiza, Manoel dos Santos, explicou a Público que "é muito possível que a escolha da Galiza pela Altri se deva ao facto de o governo galego ter revelado ser mais permissivo com o cultivo do eucalipto do que o português, que restringiu mais o cultivo após os incêndios de Pedrógão Grande".

Unhas palabras que van no sentido das emitidas pola deputada do BNG Olalla Rodil, que cualificou o proxecto de Altri como "unha bomba ambiental no corazón da Galiza que Portugal non quere", segundo tamén recolle o diario portugués.

O volume de auga necesario para a fábrica "é o que consome uma cidade de 350.000 habitantantes", explica Manoel dos Santos a Público. A pesar deste feito, Greenfiber (a sociedade entre Altri e Greenalia que quere desenvolver a fábrica), sinala a este xornal que "as actividades da fábrica que a Greenfiber pretende lançar na Galiza não representam qualquer risco para as pessoas, os animais ou o ambiente".

Unhas augas que serían captadas do río Ulla, ao que despois se verterían augas residuais industriais a maior temperatura da presente na súa canle. Un río que "já apresenta elevados níveis de poluição e que desauga na ria de Arousa, um dos dois grandes pulmões económicos da Galiza pela relevância do sector das pescas", alertan as comunidades pescadoras ao xornal.

Eucalipto da Galiza

A nova unidade fabril "utilizará matéria-prima (madeira de eucalipto) proveniente de duas florestas galegas", salienta Greenfiber ao xornal, que tamén recoñece que aínda non iniciou a construción da nova fábrica e aínda non dispón de terreo para facelo.

A súa adquisición está pendente da garantía de financiamento público de perto de 250 millóns de euros, sinala Público. Entre tanto, destaca o xornal, as palestras organizadas pola multinacional sobre o proxecto son recibidas "com fortes protestos, que terminam com um grito recorrente de Altri non".