O prezo da luz caerá este domingo un 40%,

Segue en Nós Diario a evolución do prezo da luz. (Foto: Nós Diario)

A falta do mecanismo da 'excepción ibérica' para limitar o prezo do gas para a xeración de electricidade, o prezo da electricidade roldaría os 227,37 euros/MWh de media, o que supón uns 117,13 euros/MWh máis que coa compensación para os clientes da tarifa regulada, que pagarán así un 51,4% menos de media.

O prezo medio da electricidade para os clientes de tarifa regulada vinculados ao mercado maiorista baixará este domingo un 40,8% con respecto a este sábado, até os 110,42 euros por megavatio hora (MWh).

Na poxa, o prezo medio da luz no mercado maiorista -o chamado 'pool'- sitúase para este domingo en 97,73 euros/MWh. Así, o prezo máximo rexistrarase entre as 00:00 e as 01:00 horas, con 140 euros/MWh, mentres que o mínimo, de 81,40 euros/MWh, producirase entre as 15:00 e as 16:00 horas, segundo os datos provisionais do Operador do Mercado Ibérico de Enerxía (OMIE).

A este prezo 'pool' súmase a compensación ás gasistas que deben pagar os consumidores beneficiarios da medida, os consumidores da tarifa regulada (PVPC) ou os que, a pesar de estar no mercado libre, teñan unha tarifa indexada, que é para este domingo de 12,69 euros/MWh.

 

Un 51,4% menos que sen aplicar a medida 

A falta do mecanismo da 'excepción ibérica' para limitar o prezo do gas para a xeración de electricidade, o prezo da electricidade roldaría os 227,37 euros/MWh de media, o que supón uns 117,13 euros/MWh máis que coa compensación para os clientes da tarifa regulada, que pagarán así un 51,4% menos de media.

O 'mecanismo ibérico', que entrou en vigor o pasado 15 de xuño, limita o prezo do gas para a xeración eléctrica a unha media de 48,8 euros por MWh durante un período de doce meses, cubrindo así o próximo inverno, período no que os prezos da enerxía son máis caros.

En concreto, a 'excepción ibérica' marca unha senda para o gas natural para a xeración de electricidade a partir dun prezo de 40 euros/MWh nos seis meses iniciais e, posteriormente, un incremento mensual de cinco euros/MWh ata o remate da medida.

 

O prezo está en 204,41 euros/MWh na primeira quincena 

Na primeira quincena de decembro, o prezo medio diario do mercado maiorista (pool) situouse en 137,05 euros/MWh, o que sumando o sobrecusto que supón para os consumidores polo tope ao gas (67,37 euros/MWh) sitúase en 204,41. euros/MWh, o que supón un incremento do 64,30% con respecto a novembro, pero é un 14,5% inferior ao de hai un ano, segundo os cálculos do grupo ASE.

Esta suba da electricidade na primeira quincena de decembro débese á cotización diaria do Mibgas, impulsada polo notábel incremento do prezo do gas en Europa e porque durante a primeira semana deste mes se rexistraron baixas temperaturas e unha redución da produción eólica. .

Non obstante, o prezo no Estado é un 46,7% inferior ao das grandes economías europeas debido ao tope ao gas, segundo os analistas da consultora, que estiman que a electricidade se manterá por debaixo dos 200 euros/MWh durante o que quede de decembro se se cumpren as previsións meteorolóxicas.