As dúas vítimas mortais de Nigrán víronse atrapadas polas lapas no interior dunha furgoneta

Unha columna de fume sobrevova a ponte de Rande na tarde deste domingo

A última hora é tráxica: dúas mulleres de avanzada idade morreron en Nigrán a consecuencia dos lumes que devastan o sul do país. Confirmouno o concello. 

A acción devastadora das lapas cobrouse a vida de dúas persoas en circunstancias aínda non precisadas. Foi en Nigrán e a noticia confirmárona fontes do concello citadas polo Faro de Vigo.

 

As dúas vítimas mortais faleceron após vérense atrapadas polas lupas na furgoneta en que viaxaban no lugar de Chandebrito, no concello de Nigrán, informa Europa Press.

 

A morte nun automóbil evoca o recente e xigantesco incendio de Pedrogão, Portugal, coa maior parte das vítimas mortais a seren alcanzadas polo lume mentres conducían os seus carros.

 

Alén desta traxedia humana, a Citroén de Vigo -corazón industrial da cidade- tamén foi desaloxada perante o avanzo das lapas.