Primeiro día de 2017, primeira muller asasinada por violencia machista no estado

O crime produciuse en Rivas Vaciamadrid (Madrid). 

Unha muller de 40 anos de nacionalidade española recebeu varias coiteladas mortais a mans da súa ex parella, un cidadán colombiano de 20 anos.

A agresión produciuse na morada da vítima por volta das 22 horas do último día do ano. A muller foi trasladada por efectivos da policía local ao servizo de urxencias do Hospital Gregorio Marañón e morreu durante a madrugada do primeiro día do ano. Os médicos non puideron facer nada por salvar a súa vida. 

O agresor, sobre o que pesaba unha orde de afastamento, foi imediatamente detido, sen opor resistencia.