Primeiro positivo en coronavirus na planta de Alcoa en San Cibrao

Fábrica de Alcoa en San Cibrao (Europa Press)
O traballador atopábase en corentena.

Primeiro confirmado con coronavirus na planta de Alcoa en San Cibrao. Trátase dun traballador que se dedica ao mantemento da fábrica e que leva en corentena preventiva desde o 20 de marzo. Foi entón, segundo explican fontes do cadro de persoal a Nós Diario, cando o primeiro resultado do test que lle fixeran dera "negativo non concluínte".

No día de onte, quinta feira, tivo coñecemento do positivo na segunda proba que lle realizaran. O traballador continuará causando baixa por enfermidade até que non cumpra o período de corentena estabelecido.

Fontes da empresa sinalan a este medio que pide "o máximo rigor" aos traballadores e traballadoras a respecto das medidas de prevención marcadas.