A proposta dun paro académico na USC non segue adiante

Aula da universidade (arquivo).

O artigo 39.3b non cubre os exames finais.

O alumnado da Escola Técnica Superior de Enxeñaría (ETSE) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) trasladou á reitoría a solicitude de convocatoria dun paro académico "desde o 18 de xaneiro até a finalización da apertura de actas do primeiro cuadrimestre ou até o cumprimento dos obxectivos" que fixan no seu aviso en contra dos exames presenciais.

Mais non haberá paro académico. Desde o estudantado indicaron que o reitorado informounos de que o Artigo 39.3b (o que daba seguridade ao alumnado a faltar ás actividades docente para ter unha avaliación alternativa) non cubre os exames finais, xa que estes non son "actividades docentes" a pesar de que si son "actividades académicas".

Por iso, desbótase a proposta de paro académico “debido a que non podemos asegurar a avaliación de ningún compañeiro”.

Porén, sinalan que a petición levou a que Reitoría e Secretaría xeral tivesen que contactar "tanto aos representantes como ao centro para que houbese unha mediación nas medidas anti-Covid nas aulas".