A proposta de Sanidade para Semana Santa: pechamentos perimetrais das autonomías e universitarios sen volta a casa

Control de mobilidade pola pandemia no entorno de Compostela. (Foto: Álvaro Ballesteros / Europa Press)

O documento do Ministerio de Sanidade propón restrinxir ao máximo os contactos sociais durante a Semana Santa e fixar o toque de recoller entre as 22:00 e as 6:00 horas

A Cadea Ser tivo acceso ao documento co que o Ministerio de Sanidade pretende atopar un marco de medidas común para a Semana Santa. O Ministerio vai propor ás comunidades autónomas aplicar fechamentos perimetrais e restrinxir ao máximo os contactos sociais durante a Semana Santa.

Este documento vai debater esta quinta feira na comisión de Saúde Pública para que as propias comunidades poidan analízalo de cara a aprobalo definitivamente a semana que vén, a pesar de que Madrid segue negándose a pechar  perimetralmente a comunidade.

Segundo o documento, as medidas estarían en vigor entre o 26 de marzo e o 9 de abril. Estas son algunhas das medidas que propón Sanidade:

- Feche perimetral de todas as comunidades autónomas para que non haxa viaxes entre elas, limitando deste modo os desprazamentos aos imprescindíbeis.

-  Os universitarios non volvan a casa para Semana Santa.

- Toque de recoller, entre as 22:00 horas da noite e as 6:00 horas da mañá.

- Non celebrar eventos masivos que impliquen aglomeracións.

- Limitar as reunións sociais a entre 4 e 6 persoas, así como tamén evitar que se produzan reunións en domicilios.

- Unha campaña institucional para combater a fatiga pandémica derivada da crise do coronavirus.