Protestas contra Israel durante o percorrido da Vuelta na Galiza

Bandeiras da Galiza e Palestina en Baiona para recibir os ciclistas. (Fotos: Nós Diario)
Bandeiras palestinas reciben os ciclistas da 'Vuelta' ao seu paso polas estradas galegas. A maior concentración foi na localidade de Baiona (comarca de Vigo), a meta da fin da etapa.

A chegada da proba ciclista Vuelta a España á Galiza foi aproveitada por unha parte da cidadanía para expresar o seu rexeitamento aos asasinatos realizados polo Estado de Israel na en Gaza. varios grupos de persoas, nomeadamente na localidade de Baiona (comarca de Vigo) situáronse na zona da liña de meta para protestar contra a presenza na carreira do equipo Israel-Premier Tech, patrocinado polo propio Goberno israelí.

A protesta, convocada polo movemento global BDS (Boicot, Desinversiones e Sancións), tiña por obxectivo denunciar "a complicidade da organización da Vuelta co lavado de cara do xenocidio e das políticas criminais israelís".

Ademais, militantes nacionalistas despregaron bandeiras da Galiza e palestinas ao longo de todo o percorrido. Desde as entidades Galiza por Palestina,  Asociación galaico Árabe Jenin e Mar de Lumes denunciaron que a proba ciclista "branquea o xenocidio".

Aseguran que o evento "ten as mans manchadas de sangue coa participación da equipa Israel Premier Tech, empregada polo rexime sionista para lexitimar o xenocidio a través do deporte.