Que locais foron premiados coas mellores propostas do Santiago(é)tapas?

Entrega de premios do Santiago(é)tapas (Foto: Concello de Santiago de Compostela).
O Auditorio da Galiza acolleu esta terza feira o acto de entrega de premios da XV edición de Santiago(é)tapas.

O Auditorio da Galiza acolleu esta terza feira o acto de entrega de premios da XV edición de Santiago(é)tapas, organizada por Turismo de Santiago en coordinación coa Asociación Hostalaría Compostela.

O concurso, que decorreu do 15 de febreiro ao 3 de marzo, po r primeira vez tivo lugar nestas datas, logo de que a Asociación Hostalaría Compostela solicitase o cambio xa que en novembro, nas datas tradicionais do concurso, xa hai unha actividade importante no sector froito do proceso de desestacionalización turística que está a vivir o destino.

No acto de entrega de premios participaron representantes das diferentes entidades e empresas que patrocinan e colaboran co concurso: a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín; a concelleira de Turismo, Míriam Louzao; o vicepresidente da Deputación da Coruña, Xosé Regueira; a presidenta da Asociación Hostelería Compostela, Sara Santos; a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil; o responsábel da Área de Calidade alimentaria da Axencia Galega de Calidade Alimentaria, Ricardo Rivas; o xerente de Cash Record, Simón Quintela; o promotor de vendas de Cafés Dromedario, Bruno Hermida; o delegado comercial de Estrella Galicia en Santiago, Guillermo Fernández; o wine ambassador de Ponte da Boga en Santiago, Alberto García, e a responsábel do Departamento de Restauración e Seguridade Alimentaria da Asociación Galega de Persoas Celíacas, Nuria Colmenero.

A alcaldesa, Goretti Sanmartín, suliñou que o éxito de Santiago(é)tapas no mes de febreiro vai na liña de traballo que se está desenvolvendo para conseguir mudar o modelo turístico de Compostela, apostando pola colaboración co sector e o fomento da desestacionalización con actividades que dinamicen a capital galega nos meses de tempada baixa. Tamén agradeceu as facilidades que deu a Deputación da Coruña para o cambio de datas, xa que sen o seu apoio non sería posíbel o certame.

Pola súa parte, segundo sinalou a concelleira de Turismo, Míriam Louzao, o cambio de datas non tivo impacto nin no número de locais participantes nin no consumo. Así, neste ano consumíronse perto de 25.000 tapas, unha cifra similar a da última edición de novembro de 2022. Míriam Louzao destacou que estes datos eran moi relevantes, tanto porque se produciron no mes de febreiro, un mes moi complexo para o sector, como porque 40% do consumo foi de persoas que non residen en Compostela.

Locais gañadores

Coa Mellor tapa creativa, levou o premio a Crocante de abelá e praliné de maracuyá da Morena. Como Mellor tapa tradicional salientou Estamos como cabras da Artesana. A Mellor tapa doce foi para a Crocante de abelá e praliné de maracuyá da Morena. A Mellor tapa en maridaxe con viño recaeu sobre Cachucha, grelo e calçot de Nómade. Pola súa parte, a Mellor tapa en maridaxe con cervexa foi para Bomba de polbo á feira da Planta. Finalmente, a Mellor tapa sen glute foi para a Castaña Doce da Maceta.