‘Querémonos vivas’. O rexeitamento ás violencias machistas volve tinxir prazas de Galiza

Imaxe: GZContrainfo

Unha ducia de localidades acolleron concentracións para denunciar o terrorismo machista que asasinou no Carballiño esta fin de semana.

De Vigo a Lugo e de Ourense a Ribeira, pasando por Compostela, Ames. As Pontes, Pontevedra, Carballiño... e así até máis dunha ducia de localidades. Volveron as concentracións convocadas polo movemento feminista para denunciar a violencia machista, que esta fin de semana se cobrou a súa primeira vítima no Carballiño: Vixinia F.V, de 55 anos de idade, asfixiada presuntamente pola súa parella. Foron 8 as mulleres asasinadas no estado español ao longo do mes de xaneiro

As mobilizacións volveron denunciar a violencia machista, “É unha situación insostíbel” denunciaban na concentración que decorreu en Vigo. “Este sistema patriarcal que perpetúa a premisa de que non somos donas de nós mesmas”, afirmouse no manifesto, que recoñecía que as mulleres  “estamos fartas da violencia mais tamén da resposta das institucións ás agresións”.