O referendo catalán, a debate en Galiza

Un acto en Compostela sobre o 1-O

Diferentes coloquios, charlas ou encontros decorrerán esta semana en diversas partes do país sobre o referendo catalán.

O referendo catalá protagonizará esta semana diferentes actos en Galiza. Coloquios, debates, palestras nas que se abordará o proceso de autodeterminación que se está a vivir neste país. Dous deles son organizados polo Foro Internacional da UPG e decorrerán en Vigo, esta cuarta feira, e en Compostela, esta quinta. A primeira será ás 20:30 horas no Colexio de Arquitectos e contará coa presenza de Duarte Correa, do secretariado de Relacións Internacionais da UPG, e de Arnau Comas, de Poble Lliure e concelleiro da CUP. Comas recuncará no acto da quinta feira (na Facultade de Filosofía da USC, ás 20:30 horas) e na que participará o secretario xeral da UPG, Néstor Rego.

 

Na quinta feira, Catalunya tamén será protagonista doutros dous actos, ambos na Coruña. O primeiro decorrerá ás 12:00 horas, na facultade de Socioloxía, organizado por Galiza Nova e contará coa presenza de Xosé Mexuto, director do dixital Sermos Galiza. Xa pola tarde, organizado no Paraninfo da Maestranza polo Foro Cívico. Carlos Aymerich, profesor de Dereito Administrativo; Lourenzo Fernández Prieto, catedrático de Historia Contemporánea; e Portero Molina, profesor de Dereito Administrativo, falarán sobre o 1-O.

 

Unha cuestión está que tamén estará sobre a mesa no encontro participativo que organiza esta segunda feira a AC Alexandre Bóvenda na Coruña (20:00 horas, na súa sede) er na que toma parte Elvira Souto, de Esculca. O título, ‘Temos dereitos’.