A rehabilitación dos cascos vellos, na cerna do debate sobre o modelo urbano
En todas as cidades se encetaron procesos de rehabilitación dos casos históricos que, pola súa propia natureza e historia, non deron sempre os mesmos resultados. No Sermos Galiza 211 publicamos unha reportaxe arredor do debate da rexeneración urbana. De seguido, damos conta dun extracto da información que recollemos no semanario, xa dispoñíbel na loxa.
Nos procesos, sempre longos, de recuperación dos espazos urbanos máis senlleiros das vilas e cidades nunca existiu unanimidade non só a respeito da maneira de levalos adiante, senón mesmo da necesidade ou non de artellar fórmulas para a súa propia conservación. Apoiados nun pragmatismo curtopracista, foron moitos os críticos coas políticas de preservación e valorización do patrimonio cultural urbano por limitar o desenvolvemento deses espazos e considerar que ía ir en detrimento non só da poboación residente senón tamén de quen desempeña a súa actividade económica nas áreas protexidas.
Eses comentarios apuntan sempre nunha mesma idea: as trabas ás que se enfrontan os donos das vivendas ou edificios á hora de rehabilitar ou reformar as súas propiedades e a lentitude coa que en moitos casos se tramitan os permisos dada a obrigatoriedade de que sexa a Dirección Xeral de Patrimonio quen outorgue as licenzas oportunas.
[Podes ler a reportaxe completa no número 211 do semanario en papel, á venda xa na loxa]